Historia
O centro creóuse en outubro de 1984.
Durante os cursos 84/85 e 85/86 estivo emprazado na Praza de España, no edificio do antigo Banco de España, actualmente ocupado polo Museo Bello Piñeiro e a Oficina de Consumo. Contou con dous/tres profesores para impartir clases de alfabetización, pregraduado e graduado escolar en quendas de mañá, tarde e noite.
En outubro de 1986 foi trasladado á rúa Mendez Núñez 11, xunto á Praza de Amboaxe, ocupando o 2º andar. Seguiu impartindo clases con tres profesores en quendas de mañá, tarde e noite. En setembro de 1991 foi ampliado o cadro de persoal a catro profesores definitivos.
En 1995 volveu a ser trasladado ó asentamento actual, na rúa Luís de Requeséns s/n, ocupando unha parte do 1º andar do antigo Colexio Santa María de Caranza.
No curso 97/98 foron concedidos os novos estudios de Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) e ampliado o cadro de persoal ata oito profesores.
Na actualidade, ocupa todo o antigo Centro de E.X.B Santamaría de Caranza. O cadro de profesores aumentou ata 7 de Secundaria, no concurso levado a cabo no curso 2002 / 2003. Tamén hai 6 profesores de primaria, catro prazas definitivas, ata que sexa convocado o concurso específico para cubri-los postos necesarios.
Na actualidade oferta diversos e variados cursos:
- Ensinanzas básicas para adultos
- Educación Secundaria para Adultos
- Programas de Garantía Social
- Bacharelato semipresencial
- Cursos da Aula Mentor
- Preparación á proba Libre de acceso a Ciclos Formativos de grao medio
- Español para estranxeiros



