Bacharelato
Acceso
Pode acceder ao bacharelato a persoa que cumpra estes requisitos:
De idade: calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra no ano natural en que fai a matrícula e aquelas persoas maiores de dezaseis anos que xustifiquen documentalmente algunhas destas situacións:
a) Poderán matricularse nas ensinanzas de calquera das modalidades do bacharelato a distancia todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano 2008.
b) Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera de stas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.
c) A dirección xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais poderá autorizar, previo informe da inspección educativa, a matriculación no bacharelato pola modalidade a distancia do alumnado maior de dezaseis anos que non poida asistir regularmente a un centro ordinario por enfermidade ou impedimento físico, e do alumnado interno en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar. Nestes casos, as ensinanzas seguidas por este alumnado terán a consideración de ensinanzas ordinarias desenvolvidas nun centro con ensinanzas para persoas adultas.
Académicos:
1º Bacharelato:
a) Posuír o título de graduado en educación secundaria.
b) Estar en posesión do título de técnico correspondente á formación profesional específica de grao medio.
c) Estar en posesión do título de técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
d) Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado e polivalente ou, como máximo, con dúas materias non superadas.
e) Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
f) Ter superados os estudos do primeiro ciclo do programa experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).
g) Ter superados os cursos comúns dos estudos de artes aplicadas e oficios artísticos.
2º Bacharelato:
a) Ter superado o terceiro curso do bacharelato unificado e polivalente e título de bacharel. Os alumnos nestas condicións poderán matricularse en calquera modalidade de bacharelato, independentemente da especialidade pola que cursaron terceiro de BUP.
b) Ter superado terceiro curso de formación profesional de segundo grao (réxime de ensinanzas especializadas).
c) Ter superado segundo curso de formación profesional de segundo grao (réxime xeral). .
d) Ter superado primeiro curso dunha modalidade de bacharelato experimental.
e) Ter superada a segunda especialidade ou título de graduado en artes aplicadas e oficios artísticos
O alumnado que acceda ao bacharelato desde os ciclos formativos de grao medio e desexe validar algunha das materias cursadas deberalle solicitar á dirección do centro educativo a correspondente validación, quen resolverá á vista da certificación académica dos estudos realizados e do establecido nos reais decretos dos correspondentes títulos.



