E.S.D
Ensinanza Secundaria Semipresencial
O Centro Público de E.P.A. de Ferrol é un centro dependente da Consellería de Educación, polo que pode propoñer títulos oficiais para a súa expedición. Teñen a mesma validez independentemente do sistema utilizado para obtelo (presencial, distancia ou proba libre).
Coa titulación de Graduado en Educación Secundaria poderanse seguir estudios en:
- Ciclos formativos de grao medio.
- Bacharelato LOXSE.
- Acceso á Universidade para maiores de 25 anos
- Acceder ó mundo laboral
Os alumnos/as que obtiveron o título de Graduado en Educación Secundaria a partir do curso 97/98 deben de recollelos na secretaría do Centro, tendo en conta que, a partir da súa obtención, tardan sobre 2 anos en expedirse.
Para recolle-los títulos, deberase achegar ó Centro de E.P.A. en persoa provisto do D.N.I. Se non o pode recoller persoalmente, poderá autorizar a outra persoa, preferentemente un familiar, a través dun escrito asinado por vostede no que deberá figura-lo nome e apelidos, e o número do D.N.I. da persoa autorizada, quen deberá acredita-la súa identidade. O dito escrito acompañarase dunha fotocopia simple do D.N.I. do titular.
Pode descargar o modelo de autorización por escrito para recolle-lo título facendo clic no seguinte icono ![]()



