Matrícula
PRAZOS:
Ofértanse á vez tódolos módulos cos seus respectivos ámbitos de coñecemento organizados por cuadrimestre para os que alumnado pode matricularse:
Iniciaráse no mes de setembro e e permanecerá aberta ata o 15 de maio.
Unha vez rematado o primeiro cuadrimestre debe de renova-la matrícula para o 2º cuadrimestre, entendendo que de non ser así non estaría matriculado/a no Centro
Para o alumnado, que por motivos laboriais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas, con posteridadde a data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertutra do novo prazo no curso seguinte.
Se o alumno quisera solicita-la matrícula preto a data dos exames de febreiro ou posterior ao 15 de maio, non tería efecto ata o cuadrimestre seguinte.
CONDICIÓNS DE MATRÍCULA:
- Poderán matricularse, con carácter xeral, as persoas maiores de 18 ou que os cumpran antes do 31 de decembro do presente ano.
Na educación secundaria, o alumnado que solicite matricularse no primeiro cuadrimestre do curso 2008/2009, ha de ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 31 de decembro. No segundo cuadrimestre deste mesmo curso para matricularse na educación de persoas adultas é necesario ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 30 de abril de 2009. - Poderán matricularse con carácter excepcional os alumnos menores de 18 anos que xustifiquen documentalmente algunha destas circunstancias:
1.- O alumnado menor de 18 anos que acredite ter cursadas ensinanzas de persoas adultas no ano académico anterior ao actual.
2.- O alumnado que acredite ter cursado un programa de cualificación profesional inicial, cando teña cursados e superados os módulos obrigatorios, poderá cursar os módulos III e IV do nivel II conducentes á obtención do título de graduado en Educación Secundaria para persoas adultas.
3.- As persoas maiores de dezaseis años que o soliciten e que teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario, ou as persoas que sexan deportistas de alto rendemento.
4.- A delegación provincial que corresponda, tras o informe favorable da inspección educativa, poderá autorizar a matrícula na educación secundaria a distancia a aqueles alumnos que estean, con medidas legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico, en centros de menores dependentes da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
ACCESO:
- Acceso do alumnado procedente da ESO
Este alumnado estará nalgún destes supostos:
a) Alumnado procedente da ESO que cursara estudos dese nivel con anterioridade ao curso 2004/2005 e que teña algunhas materias pendentes: considerarase o curso superado se foi promocionado de curso, sempre e cando non o fose por imperativo legal, seguindo os criterios de avaliación e promoción anteriores á publicación da Orde de 30 de setembro de 2004 sobre avaliación, promoción e titulación na educación secundaria obrigatoria como consecuencia do disposto no Real decreto 1318/2004, do 28 de maio, DOG do 22 de outubro. En caso de que non fora promovido de curso por ter materias sen superar, aplicaránselle os criterios de validación recollidos nos anexos IV a VIII.
b) Para o alumnado que cursou ensinanzas da ESO no curso 2004/2005 ou seguintes realizaranse as equivalencias coas ensinanzas de adultos segundo o establecido nos anexos IV a VIII.
c) Cando un alumno non cursara no 4º curso de ESO as materias sinaladas no cadro de equivalencias dos Anexos IV a VIII, tomarase como referencia a cualificación obtida nesa mesma materia, no último ano que a cursara.
- Acceso do alumnado procedentes das ensinanzas de adultos
Durante os cursos escolares 2008/2009 e 2009/2010, o alumnado que superou algún dos módulos de calquera dos ámbitos de coñecemento nos que se organizan esas ensinanzas de acordo co establecido na orde do 26 de maio de 1997, aterase ao seguinte:
- Se ten superado calquera módulo do ámbito de Comunicación ou da Sociedade, matricularase no módulo inmediatamente posterior do mesmo ámbito.
- O alumnado que teña superado calquera módulo do ámbito de N atureza sen ter superado simultaneamente o módulo do mesmo número do ámbito Tecnolóxico matemático, e o alumnado que teña superado calquera módulo do ámbito Tecnolóxico matemático se ter superado simultaneamente o módulo do mesmo número do ámbito da Natureza (Orde do 26 de maio de 1997), se desexa completar os seus estudos de graduado en educación secundaria para persoas adultas, deberá matricularse do módulo do mesmo número do ámbito Científico tecnolóxico (Orde de 24 de xuño de 2008). O profesorado que imparta ese ámbito só avaliará a ese alumnado dos contidos correspondentes ao ámbito de Natureza ou Tecnolóxico matemático, de acordo coa organización do currículo regulado na Orde do 26 de maio de 1997
- Acceso do alumnado procedentes da proba libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria
O alumnado que superou algún grupo de materias da proba de graduado en Educación Secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias establecidas no anexo VII desta circular.
DOCUMENTACIÓN :
O/a alumno/a deberá presentar na secretaría do centro en horario de oficina:
1.- Solicitude de admisión e de matrícula debidamente cumprimentada (anexos VIII e IX que aparecen na Orde de 24 de xuño de 2008).
2.- Fotocopia do D.N.I. / Pasaporte / Tarxeta de residencia.
3.- Certificación / Libro de Escolaridade dos estudios realizados.
4.- Declaración de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro
5.- 3 fotos tamaño carné.
6.- Resgardo do pagamento das taxas do seguro escolar (menores de 28 anos). (Só módulos III e IV).
En caso de non presenta-la documentación requirida, perderá o dereito de matrícula.
SOLICITUDE DE MATRÍCULA:
Deberá cubrir axeitadamente o modelo de matrícula que pode descargar aquí:
MODELOS DE MATRÍCULA E DE ADMISIÓN PARA TÓDOLOS MÓDULOS ![]()
MODELOS DE MATRÍCULA E DE ADMISIÓN PARA TÓDOLOS MÓDULOS (WORD) ![]()
NORMAS 1. - Asistencia regular ás clases (non se pode ter sen xustificar máis faltas do 10% do horario dun ámbito e do 20% xustificadas; se as faltas sen xustificar superan o 30% do horario total será motivo de baixa) e rendimento, interés e actitude aceptables e mínimos.
2.- Non distorsiona-las clases, respetar ós compañeiros e ó Centro.
3.- Pódese utiliza-la biblioteca ou aulas libres para estudiar e face-las actividades.
4.- Ter coidado coa limpeza (pintada de paredes, mesas, papeis...)
5.- Non se pode fumar no recinto do Centro en ningunha das dependencias.
6. - Respetarase ós conserxes cando estes cumpran coa súa función.
7.- Deberáse estar informados sempre: le-lo taboleiro de anuncios (horarios, notas, calendario escolar, réxime interior, etc) ou preguntar ós compañeiros ou profesores.
8.- - Pódese pasar de distancia a presencial e ó contrario se se repite módulo nun cuadrimestre.
9. - O horario de secretaria estará de acordo coas necesidades do Centro pola mañá. Se alguén lle falta documentación por entregar, debe de facelo canto antes no antedito horario. O final de cada módulo entregarase un certificado das notas.
ADMISIÓN DE ALUMNOS:
No caso de que o número de alumnos solicitantes inscritos supere as prazas ofertadas polo centro, para a admisión de alumnos actuarase conforme o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de xuño de 2008 aplicando os seguintes criterios de preferencia:
- Continuar estudos no propio centro.
- Proceder das ensinanzas de adultos doutros centros.
- Ser deportista de alto rendemento.
- Ter estado máis tempo desescolarizado.
- Matricularse de todos os ámbitos dun nivel.
- Menor renda persoal do alumno con ingresos ou da unidade familiar á que se pertenza.
DEREITOS- DEBERES:
O alumnado ten uns dereitos que debe exercer e uns deberes que debe cumprir para que o centro poda funcionar correctamente. Estes dereitos e deberes están lexislados. Pode velos descargándoos:



